De Través primer volume da Galicia Chamber Music por Fernando Raña
"De través é o primeiro volume dunha colección de música de cámara de compositores galegos contemporáneos ou vencellados a Galicia: Galician Chamber Music. Esta gravación presenta unha serie antolóxica de obras para frauta, a solo e acompañada doutros instrumentos, e amosa unha gran variedade de estilos e personalidades musicais. Os compositores son figuras relevantes da creación musical actual: Juan Durán, Joám Trillo, Salvador Brotons, Gabriel Bussi, Pablo Beltrán, Eligio Vila e Gloria Rodriguez. En canto aos intérpretes, cómpre sinalar que representan, sen dúbida ningunha, a excelencia da música galega, tanto nos eidos cameristico ou sinfónico como noutras contornas musicais, incorporado, asemade, novas promesas que garanten o futuro do noso acervo cultural. Así mesmo, aproveito este pequeno recanto para amosar o meu encarecido agradecemento a todos e todas pola súa altruista colaboración e xenerosidade sen limites nas longas sèsións de gravación espalladas nun período de dous anos. Por todo isto, non resulta doado resumir a admiración que lles profeso nun par de liñas, aínda que podo afirmar que, cando me embarquei neste ambicioso proxecto, sabía que a súa participación era obrigatoria. Con Rasa, pianista poliédrica coa que teño compartida inesquecibles experiencias artísticas en varios países e noutros tantos programas, entendin o que significaba a conexión facendo música en directo. A participación fundamental de Alba Barreiro neste proxecto, o último agasallo profesional que me está tocando vivir, supón a miña primeira incursión nesta pouco visitada pero interesantisima combinación instrumental. A paixón de Alba polo traballo rigoroso, xunto co seu perfeccionismo sen límites, manifėstase en todas e cada unha das notas que saen do seu máxico instrumento, contribuindo sempre con significado, emotividade e flexibilidade ao contido musical. A presenza de Carlos Castro, percusionista, amigo e compañeiro ao que coñezo dende hai máis de trinta anos, tamén supuxo unha inmensa gratificación no musical e no humano. Atoparse con profesionais da altura de Carlos que contaxian tanta ilusión e gana por mellorar cada día, máxime enfrontándose a unha partitura de alta esixencia técnica, non ten prezo. Por último e, se cabe, máis importante, quero deixar patente a admiración profesional e afectiva que sinto polas miñas fillas Alba e lara, as miñas únicas razóns de ser, que, sen apenas tempo de preparación, non escatimaron o seu apoio incondicional nestes meus desvarios."
Fernando Raña
O discoEste traballo discográfico está composoto por unha serie de obras que poñen en valor a cultura musical de Galicia, as pezas que se atopan no CD son: